Monday 29 de April de 2024

O Concello de Miño presenta unha optimista liquidación do orzamento de 2019


Por primeira vez desde hai anos, cúmprese o obxectivo da Regra de Gasto e garántese a sustentabilidade financeira do municipio.

O Concello de Miño presentou a liquidación do orzamento de 2019 en tempo e forma e o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, móstrase satisfeito polos datos que arroxou o documento contable.

“O orzamento de 2019 contempla toda a débeda municipal real por primeira vez en anos, e facía tamén moito tempo que os datos a liquidación non eran tan alentadores como estes” declara o rexedor miñense. Así, en 2019 o Concello de Miño cumpriu con dous das tres regulas fiscais da Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira:

Obxectivo de Estabilidade Orzamentaria, cunha capacidade de financiamento de 146.518,73 euros.
Obxectivo da Regra de Gasto, cun saldo a favor en 2019 de 56.289,25 euros.
Doutra banda, a terceira regra, o Límite de débeda (porcentaxe de débeda sobre ingresos correntes) mellora sensiblemente debido a que pasa de 278,72% en 2017 a 213,43% en 2019.
Todo isto representa un feito moi positivo que emana do peche do exercicio 2019, e é que o Concello obtivo cifras que garanten a súa sustentabilidade financeira ao cumprir o obxectivo principal do seu plan de axuste. Cunha cifra positiva de remanente líquido de tesourería para gastos xerais de 409.996,35 euros, que lle permitirá en 2020 cumprir co plan de axuste coa amortización anticipada e extraordinaria de endebedamento. Isto, á súa vez, reducirá a súa carga financeira para os exercicios 2022 e 2023.

 

2017                     2018                  2019

Obxectivo de estabilidade         SI                           SI                      SI

Obxectivo de Regra de Gasto NON                   NON                     SI

Límite de débeda (%)           278,72                  238,32               213,43

Faraldo lembra que as cifras da liquidación do orzamento serven para coñecer con certe

“Comprometémonos/Comprometémosnos a parar a sangría dos intereses da débeda e estamos a cumprir. Prometemos mellorar as contas e isto demostra que iniciamos este camiño. Non é fácil nin será rápido, e con esta liquidación rendemos contas do noso traballo.”